Presentacións do alumnado relacionadas coa cultura e o patrimonio galego

Durante o 3º trimestre o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unhas breves presentacións orais coa finalidade de poñer en práctica a expresión oral e tamén achegarse á cultura e ao patrimonio galego, dado que foron estes os temas propostos. Ofrecemos nesta entrada algunhas das presentación realizadas polo alumnado:

a) Ana F. e Irene P. de 1º de Bacharelato D faláronnos das mellores praias galegas e acompañaron o seu discurso coa estupenda presentación que recollemos.

b) Sabela C. e Aldara O., tamén de 1º de Bacharelato D, centraron a súa exposición no baile galego e elaboraron unhas fantásticas diapositivas.


c) Carmen B., Rosa B. e Nora B. de 1º de Bacharelato A centraron a súa exposición no Roteiro dos faros e elaboraron unhas fabulosas diapositivas.

Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Recursos electrónicos en Lingua galega