Día internacional das matemáticas: 14 de marzo
Este ano o EDLG participou coas compañeiras do Departamento de Matemáticas na conmemoración do Día internacional das Matemáticas. A actividade consistiu na lectura, en todas as clases do poema "O número Pi" da poeta polaca Wislawa Szymborska, traducido ao galego por Lucía Caeiro e publicado por Edicións Positivas.
Ademais, por megafonía unha alumna de 2º de Bacharelato leu o poema de Szymborska 10 minutos antes do recreo do día 14 de marzo.