Faladoiro literario coa escritora Inma López Silva

O día 23 de febreiro, ademais das actividades conmemorativas do Día de Rosalía de Castro, tivemos a visita da escritora Inma López Silva, que mantivo co alumnado de 1º de Bacharelato internacional unha tertulia literaria sobre a súa obra Aqueles días en que eramos malas.

Esta novela foi seleccionada como lectura para o 1º trimestre e o alumnado elaborou unhas interesantes videocríticas que serviron para analizar a obra dende distintas perspectivas. A actividade viuse moi enriquecida coa achega de Inma López coa que falamos da liberdade, da dureza do cárcere, dos diferentes perfís das mulleres protagonistas da novela (Margot, Valentina, sor Mercedes, Laura e Inma), que se coñecen no cárcere da Lama onde cumpren condena.

Dende o EDLG queremos agradecerlle a Inma López Silva a súa visita e esperamos volvela ter connosco nas nosas terturlias literarias.


Imaxe 1: A escritora Inma López co 
alumnado do IES do Castro



Imaxe 2: Cartel informativo da visita da 
escritora ao IES do Castro


Nota: as imaxes do alumnado contan con autorización para a súa publicación.

Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Entrevistas que suman

Celebración do Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego