Photocall do refraneiro galego relacionado co Magosto

Este ano aproveitamos a celebración do Magosto no centro, o día 11 de novembro de 2022, para realizar unha actividade dinamizadora denominada Photocall do refraneiro galego relacionado co magosto.

Durante o mes de outubro o alumnado integrante e colaborador co EDLG compilou refráns nas súas casas relacionados coa castaña, o magosto e o tempo da castañeira. Os refráns seleccionados foron recollidos nuns carteis que serviron para acompañar a fotografía realizada no panel do photocall.

A elaboración do panel coa ambientación do magosto tamén foi deseño do equipo do alumnado participante no EDLG e serviu para animar os recreos da primeira quincena do mes de novembro e recordar a toda a comunidade educativa esta festividade tradicional.

Como mostra da actividade, velaquí quedan algunhas imaxes.


Imaxe 1: o saco das castañas

Imaxe 2: unha mostra dos refráns


Imaxe 3: alumnado no photocall


 Imaxe 4: alumnado no photocall

Nota: as imaxes do alumnado contan con autorización para a súa publicación.

Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Entrevistas que suman

Celebración do Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego