Chegou o Maio ao IES do Castro

O comezo do quinto mes do ano celébrase no IES do Castro coa realización dun maio dende hai uns cantos anos.

Logo da recollida do fiúncho, das flores (calas, rosas, camelias etc) e dos limóns, o alumnado da ESO coa coordinación e axuda da súa profesora Almudena púxose mans á obra para conmemorar a chegada do mes. Unha vez montada a estrutura, diferentes alumnos e alumnas dos distintos grupos da ESO foron os encargados de ir dándolle forma ao maio e decoralo con moito vagar a esmero.

Ademais a rapazada de 1º de ESO compuxo e cantou as coplas coñecidas popularmente como 'maios'.

Parabéns a todos e todas vós polo voso traballo e por tanta creatividade!


Imaxe 1


Imaxe 2: proceso de elaboración



Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Entrevistas que suman

Celebración do Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego