Charla do profesor da USC Francisco Dubert García

Este curso escolar iniciamos a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.

Seleccionamos unha serie de charlas impartidas por docentes universitarios que nos resultaron de interese para o noso alumnado.

A primeira delas tivo lugar o 25 de xaneiro. O alumnado de 1º de Bacharelato D asistiu ao relatorio do profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Compostela, Francisco Dubert García, titulado Que é a gramática?

Os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de participar e reflexionar sobre o concepto de gramática dende distintos planos e coñecer como cada lingua é posuídora da súa propia gramática.

Foi unha intervención moi interesante e enriquecedora para todos e todas e dende o EDLG queremos agradecerlle ao profesor Francisco Dubert a súa visita e esperamos poder seguir colaborando coa USC en programas futuros.

As imaxes que seguen dan conta desta actividade, da cal tamén se fixo eco o Instituto da Lingua Galega (ILG) a través da súa conta de Twitter.


Imaxe 1

Imaxe 2

Imaxe 3


Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Entrevistas que suman

Celebración do Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego