Charla da profesora da USC María Álvarez de la Granja

O día 30 de xaneiro o alumnado de 1º de Bacharelato C tivo a oportunidade de asistir á charla impartida pola profesora da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela María Álvarez de la Granja titulada CORTEGAL: corpus de textos escritos por estudantes no ámbito académico. A súa intervención serviu para que o alumnado coñecese de primeira man o proceso de elaboración e funcionamento do corpus lingüístico Cortegal.

Resultou de interese para os rapaces e rapazas dado que este corpus está constituído por 1.000 textos argumentativos elaborados por estudantes preuniversitarios/as extraídos do exame de Lingua Galega e Literatura da proba de Avaliación do Bacharelato para o Aceso á Universidade (ABAU). A través deste proxecto, desenvolvido no seo do Instituto da Lingua Galega (ILG), pódese coñecer o grao de coñecemento da variedade estándar que mostra o alumnado, así como as principais desviacións do código normativo, que se ofrecen anotadas con códigos que clasifican as de tipo ortográfico, morfolóxico, léxico, gramatical, semántico e discursivo.

Coñecer esta ferramenta é útil para que o alumnado poida mellorar a súa expresión escrita e, de seguro, que será de proveito nas clases de Lingua Galega e Literatura.

Dende o EDLG queremos agredecer a María Álvarez de la Granja a súa visita ao IES do Castro e esperamos contar con ela noutras ocasións.

Nas imaxes que seguen damos conta da actividade.


 Imaxe 1

 

Imaxe 2


Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Entrevistas que suman

Celebración do Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego