Charla da profesora da USC e escritora María López Sández

O día 17 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato A e B asistiu á charla impartida pola profesora de Ciencias de Educación da Universidade de Santiago de Compostela, María López Sández, titulada O nome galego das árbores. Novamente, esta conferencia foi posible grazas á coa colaboración coa Universidade compostelá a través do Programa a Ponte entre o Ensino Medio e a USC e tamén coa participación do equipo da Biblioteca do centro, que nos axudou e cedeu o espazo.

Neste caso López Sández achegounos os seus coñecementos sobre os nomes galegos das árbores, tema que xa abordou na súa tese de doutoramento, na fantástica obra Herbario de Rosalía de Castro, publicada xunto con María Isabel Fraga Díaz e Miguel Fraga Vila e, recentemente, no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega baixo o título Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego. Despois dunha achega xeral á presenza das árbores na nosa literatura, a autora centrou a súa intervención nas flores, árbores e arbustos presentes no conxunto da obra rosaliana, discurso que ilustrou cunhas imaxes moi fermosas. 

Aprendemos moito sobre as nosas árbores e sobre a súa importancia na Literatura galega e dende o EDLG queremos agredecer a María López Sández a súa visita ao IES do Castro e esperamos contar con ela noutras ocasións.

As imaxes que recollemos a seguir ilustran a actividade.


Imaxe 1


Imaxe 2


Imaxe 3: mostra dunha lámina extraída da obra 
O herbario de Rosalía de Castro


Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Entrevistas que suman

Celebración do Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego