Actividade de apadriñamento lector: Nadal 2022

Este curso 2022-23 dende o EDLG do IES do Castro puxemos en marcha a colaboración coa Escola de educación infantil Vila Laura (EEI) a través do seu coordinador do Equipo de Dinamización.

O día 19 de decembro o alumnado de 1º de Bacharelato internacional realizou unha actividade de apadriñamento lector cos nenos e nenas da EEI. Coa axuda e asesoramento do profesorado da escola, que nos prestou moitos dos exemplares seleccionados, o alumnado de Bacharelato preparou na clase de Lingua Galega e Literatura a lectura dun conto infantil relacionado coa temática da igualdade e analizou o uso da lingua na literatura infantil. Despois, de xeito individual ou en parellas, leron as obras seleccionadas en todas as clases dos nenos e nenas da escola e puideron interactuar con eles para intercambiar opinións e realizar actividades derivadas da lectura realizada.

A actividade resultou moi positiva para todos e todas nós e como recordo agasallamos ao alumnado da EEI cuns marcapáxinas de madeira realizados manualmente polos e polas integrantes do noso EDLG.

Queremos agradecer ao profesorado do Vila Laura a estupenda acollida e a súa disposición para seguirmos colaborando en futuras actividades.

Deseguido ofrecemos unhas imaxes que ilustran a xornada de lectura.


Imaxe 1


Imaxe 2


Imaxe 3

Imaxe 4

Imaxe 5

Imaxe 6

Imaxe 7


Imaxe 8: 
mostra de marcapáxinas para agasallar 
o alumnado da EEI Vila Laura


Nota: as imaxes do alumnado contan con autorización para a súa publicación.

Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Entrevistas que suman

Celebración do Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego