Actividade conmemorativa do afundimento do Prestige

Para recordar os 20 anos de afundimento do petroleiro Prestige, dende o EDLG realizamos un pequeno mural na entrada do centro educativo coa finalidade de dar a coñecer este feito, dado que detectamos que o alumnado máis novo non o coñecía.

A semana do 14 de novembro compilamos material, datos e imaxes do afundimento do barco e da repercusión social desta catástrofe e coa colaboración do Departamento de Educación Plástica e Visual realizamos o mural. Engadímoslle tamén un poema do escritor Manuel Rivas que recolle moi ben o sentir de todos e todas naqueles momentos tan duros e un breve díptico explicativo elaborado por unha das compañeiras do Equipo.

Ademais o 18 de novembro unha das alumnas integrantes do equipo leu un pequeno texto utilizando a megafonía do centro xusto antes do comezo do recreo. Desta maneira toda a comunidade educativa puido lembrar o que supuxo o afundimento do Prestige vinte anos despois e desexar que Nunca máis! nos volvamos atopar na mesma situación.

Velaquí algunhas imaxes para ilustrar a actividade.



Imaxe 1: Mural elaborado no IES do Castro

Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Entrevistas que suman

Celebración do Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego