Publicacións

Entrevistas que suman

Imaxe
Dende o EDLG intentamos fomentar as actividades de expresión oral e, entre elas, ofrecemos nesta entrada unha pequena mostra da tarefa titulada  Entrevistas que suman . Nela o alumnado de 1º de Bacharelato tivo que realizar unha entrevista a unha persoa próxima (familiar, amigo/a ou coñecido/a) sobre algunha afección, destreza deportiva, traballo etc.) e des pois exercer de xornalista e trasladala ao papel. Ofrecemos a seguir unha pequena mostra. a) Miguel V. Cruz entrevistou a Íñigo de la Quadra-Salcedo . b) Paula P. R. e Tristán C. M. entrevistan a Juan Carlos Castro Salgado, presidente da Asociación Cigarrón de Verín. c) Carla L. P. e Sara V. P. entrevistan a unha marabillosa cociñeira.

Etiquetaxe da horta escolar

Imaxe
Este curso 2022-23 o IES do Castro continuou co mantemento e ampliación da horta escolar e ademais, dende o proxecto A economía sostible: reciclaxe téxtil e horto urbano  realizouse a etiquetaxe das hortalizas sementadas en varias linguas: español, francés, galego, inglés e latín.  Deseguido recollemos algunhas imaxes para ilustrar a actividade. Imaxe 1 Imaxe 2

Día internacional das matemáticas: 14 de marzo

Imaxe
Este ano o EDLG participou coas compañeiras do Departamento de Matemáticas na conmemoración do Día internacional das Matemáticas. A actividade consistiu na lectura, en todas as clases do poema "O número Pi" da poeta polaca Wislawa Szymborska, traducido ao galego por Lucía Caeiro e publicado por Edicións Positivas. Ademais, por megafonía unha alumna de 2º de Bacharelato leu o poema de Szymborska 10 minutos antes do recreo do día 14 de marzo.

Conta de Instagram do EDLG do IES do Castro

Imaxe
Este curso académico abrimos unha conta de Instagram do EDLG coa finalidade de darlle difusión a todas as actividades realizadas.  Se aínda non a coñecedes, estades convidados a seguirnos en edlgdoiesdocastro !

Excursión a Cangas do Morrazo: visita cultural e literaria

Imaxe
O mércores 14 de xuño o alumnado de 1º de Bacharelato Internacional fixo unha saída cultural e literaria á vila de Cangas do Morrazo. A viaxe comezou ás 9:45h da mañá no porto de Vigo, onde subimos ao barco que nos trasladou a Cangas. Á chegada estábanos esperando a nosa guía Aroa, unha alumna oriúnda da zona que foi quen nos fixo a visita guiada nun galego con trazos dialectais propios da península do Morrazo. A visita iniciouse cunha explicación sobre os patíns mariñeiros conservados na vila, a colexiata de Santiago de Cangas, o episodio histórico relacionado co saqueo de Cangas polas tropas turcas, que inspirou a creación da composición poética que comeza "Polo camiño...", a capela do hospital, nal cal puidemos ver unha exposición sobre naufraxios ao longo da historia e o interese da canguesa María Soliño, a quen dedicou un poema Celso Emilio Ferreiro titulado "Polos camiños de Cangas". Despois de xantarmos pola vila e repoñer forzas comendo un xeado, a tarde com...

Presentacións do alumnado relacionadas coa cultura e o patrimonio galego

Imaxe
Durante o 3º trimestre o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unhas breves presentacións orais coa finalidade de poñer en práctica a expresión oral e tamén achegarse á cultura e ao patrimonio galego, dado que foron estes os temas propostos. Ofrecemos nesta entrada algunhas das presentación realizadas polo alumnado: a) Ana F. e Irene P. de 1º de Bacharelato D faláronnos das mellores praias galegas e acompañaron o seu discurso coa estupenda presentación que recollemos. b) Sabela C. e Aldara O., tamén de 1º de Bacharelato D, centraron a súa exposición no baile galego e elaboraron unhas fantásticas  diapositivas . c) Carmen B., Rosa B. e Nora B. de 1º de Bacharelato A centraron a súa exposición no Roteiro dos faros e elaboraron unhas fabulosas diapositivas.

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Imaxe
O alumnado de 1º de Bacharelato A o día 7 xuño, xa coa avaliación rematada, tivo a oportunidade de achegarse á figura do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego, visitando a Biblioteca Penzol, da cal foi director e á cal dedicou moito do seu tempo. A saída estivo organizada polo EDLG e polo Departamento de Lingua galega e literatura e os rapaces e rapazas estiveron acompañadas polas profesoras Susana Paz e Raquel Rodríguez. A visita comezou ás 12:15h da man do seu director, Xosé Manuel Soutullo, un extraordinario guía, que nos recibiu no salón de actos da Casa Galega da Cultura e nos contou a historia da institución e tamén a vinculación cos galeguistas Fermín Penzol e Francisco Fernández del Riego. Unha edición facsimilar do Códice Rico das Cantigas de Santa María , coordinadas por Afonso X, e do Cancioneiro de Ajuda  abriron o percorrido pola institución.  Deseguido, a visita continuou polas bibliotecas Penzol e Fernández del Riego e polo ar...