Excursión a Cangas do Morrazo: visita cultural e literaria

O mércores 14 de xuño o alumnado de 1º de Bacharelato Internacional fixo unha saída cultural e literaria á vila de Cangas do Morrazo. A viaxe comezou ás 9:45h da mañá no porto de Vigo, onde subimos ao barco que nos trasladou a Cangas. Á chegada estábanos esperando a nosa guía Aroa, unha alumna oriúnda da zona que foi quen nos fixo a visita guiada nun galego con trazos dialectais propios da península do Morrazo.

A visita iniciouse cunha explicación sobre os patíns mariñeiros conservados na vila, a colexiata de Santiago de Cangas, o episodio histórico relacionado co saqueo de Cangas polas tropas turcas, que inspirou a creación da composición poética que comeza "Polo camiño...", a capela do hospital, nal cal puidemos ver unha exposición sobre naufraxios ao longo da historia e o interese da canguesa María Soliño, a quen dedicou un poema Celso Emilio Ferreiro titulado "Polos camiños de Cangas".

Despois de xantarmos pola vila e repoñer forzas comendo un xeado, a tarde comezou ao lado da Fábrica de Massó, onde a nosa guía nos contou a súa historia e incluso se serviu de testemuños reais, dado que a súa avoa foi traballadora de Massó, para darnos a coñecer o traballo nesta instalación moi vinculado co despece das baleas. A tarde rematou na praia de Areamilla, á que se sumou Erin, a lectora de inglés do noso centro, e ás 20:00h collemos o barco de volta para Vigo.

As imaxes que seguen permiten ver como foi a saída e deixa constancia do ben que o pasamos!

Imaxe 1: viaxe en barco de Vigo a Cangas


Imaxe 2: Chegada a Cangas



Imaxe 3: Fotografía de grupo despois da explicación
de Aroa sobre a chegada dos turcos á vila

Publicacións populares deste blog

Visita á Fundación Penzol e á antiga imprenta de Juan Compañel

Recursos electrónicos en Lingua galega

Presentacións do alumnado relacionadas coa cultura e o patrimonio galego